4 de set. de 2020

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE “A POÑERSE AS PILAS”

Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro do Grupo Municipal de Converxencia Galega): (...) Cada vez estamos máis sorprendidos polas “novas normas urbanísticas” que se aplican no noso pobo (...)”.
 
   Imaxes da terraza que amplía o espazo dunha vivenda
Fotos: G.M.C.G. 

  
Infogauda / A Guarda

 Adxuntando tres fotografías relacionadas entre sí, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal de Converxencia Galega vén de presentar no rexistro do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación: 

NOVO MODELO URBANÍSTICO NO MAROUCO    

 Cada vez estamos máis sorprendidos polas “novas normas urbanísticas que se aplican no noso pobo. De repente, vemos e escoitamos a cantidade de complicacións e trabas que se lle poñen os veciños para abrir unha fiestra, mover unhas tellas ou arranxar un muro, que por inclemencias e paso do tempo se abre ou cai un anaco, e se esixe proxecto técnico, e outros poden facer o que queiran, incluso, ocupar “espacio público” e aquí non pasa nada. 

 Durante esta tempada de verán, podemos observar unha serie de “instalacións” que por moito que busquemos nas Ordenanzas Municipais de Urbanismo, non sabemos donde atopalas, incluindo a autorización de ocupación de terreo público, para instalar unha terraza que amplía o espazo dunha vivenda. ¿Ese “modelo” será autorizado para tódolos veciños de A Guarda?  ¿sirve calquer estructura e cal é costo por metro cadrado e día? Son tantas as preguntas, que sería bó que “algún do Departamento de Urbanismo ou o Concelleiro desa área, nos dera unha resposta.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, nos gustaría saber si “este modelo” é de coñecemento do Equipo de Goberno do PSOE. Ou é que non se enteiraron. Xa teñen moi desgastada unha resposta cada vez que se lles fai alguna pregunta por “cousas” que non se axustan as normativas: “NON NOS CONSTA”, e deixan correr o asunto, ata que lles explota nos ollos. 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, creemos que unha vez máis, temos que denunciar a deixadez das súas función do Goberno do PSOE, e chamamos a atención “a quen corresponda” para que de unha vez por todas, se poñan as “pilas” e se leve a cabo a función de impartir xustiza, xa que a mesma non é XUSTIZA se non é para todos igual. 

 Reiteramos, que unha imaxe dí máis que mil palabras, e que cada un saque a súa conclusión do que acontece. 

 A Guarda, a 03 de setembro do 2020 

 Celso R. Fariñas 

 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA      

Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Urbanismo 
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario