8 de set. de 2020

A GUARDA

Charla sobre a violencia de xénero e a violencia sexual 

Dirixida a deportistas dos clubes femininos de A Guarda  

Terá lugar o próximo xoves día 10 de setembro de 11:00 a 12:30h no Centro Cultural


 Infogauda / A Guarda

 O Centro de Información á Muller (CIM), do Concello de A Guarda organiza unha charla informativa dirixida a deportistas dos clubes femininos da localidade, sobre a violencia de xénero e a violencia sexual.

 Trátase dunha actividade financiada con cargo á asignación recibida do Ministerio de Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, e que tratará de achegar información sobre a prevención da violencia de xénero e mais concretamente sobre os distintos tipos de violencia sexual que poden afectar a estas deportistas e as mulleres en xeral.   

 O obxectivo é que as mozas participantes teñan máis e mellores recursos para decidir sobre a súa vida e as súas relacións de parella, e gozar dunha sexualidade sá, divertida e responsable. 

 Coñecer mais de cerca o problema da violencia sexual, os tipos, as características e ás consecuencias de sufrir este tipo de violencia, ademais de ofrecer pautas para saber que facer en caso sufrilo en primeira persoa, recursos aos que acudir, ou como poder axudarlle a algunha amiga que fose agredida sexualmente, son os contidos previstos traballar nesta charla que terá lugar o próximo xoves día 10 de setembro de 11:00 a 12:30h no Centro Cultural. 

 É imprescindible inscrición previa chamando ao teléfono do Centro cultural  986 611 850 ou no correo electrónico centrocultural@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario