14 de set. de 2020

A GUARDA

Novos cursos de informática na Aula CeMIT

Serán impartidos no Centro Cultural




Infogauda / A Guarda 

 O Equipo de Goberno Municipal vén de facer público que o vindeiro luns día 21 de setembro arrancan os novos cursos de informática na Aula CeMIT de A Guarda. Nesta edición contarase con formación sobre manexo do ordenador, Internet, editor de textos e teléfonos intelixentes.  

Programación de cursos

• Manexo do ordenador (luns e mércores): Funcionamento básico do ordenador 
• Internet (martes e xoves): Navegación básica en internet 
• Editor de textos (venres): Edición e escritura de textos 
• Smartphone: (sábado) Manexo básico dun teléfono intelixente

Horarios dos cursos
 
•    Luns-venres: 10:00h-11:00h, 11:30h-12:30h, 16:00h-17:00h, 17:30h-18:30h 
•    Sábado: 10:00h-11:00h, 11:30h-12:30h 

 Debido as restricións e os protocolos pola pandemia do Covid-19 o aforo de cada curso é limitado, sendo obrigatorio o uso de máscaras de protección, xel desinfectante e manter a hixiene de mans. 

 As inscricións están abertas chamando ao 986 61 15 80 ou de xeito presencial no Centro Cultural de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario