ANABAM VÉN DE PUBLICAR O BOLETIN "CARRIZAL" Nº 3
Correspondente aos meses de setembro e outubro de 2020
Portada do nº 3 (Época II), do Boletín "Carrizal", que edita ANABAM
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), vén de publicar o nº 3 (Época II) do seu Boletín "Carrizal", correspondente aos meses de setembro e outubro de 2020.
Impreso en papel reciclado, e cunha portada cuxa fotografía é da autoría de Luis Dorado Senra - sen dúbida o fotógrafo naturalista do Baixo Miño por antonomasia -; o "Carrizal" conta neste número cos seguintes artigos e informacións:
· Illa Fortaleza da Ínsua, e (III), de Antón Ferreira Lorenzo.
· Mamíferos mariños no Baixo Miño (I), de Alfredo López, biólogo, membro da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
· Poboado galaico romano de Santa Trega. Sector Calvo (I), de Antón Ferreira Lorenzo.
· Carbellos centenarios de Tebra, de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Ser unha píntega no Aloia, de Natalia Lago Bravo.
· Avespa alfareira (Sceliphron curvatum), de Agustín Ferreira Lorenzo.
· Saída de Campo. Proxecto Borrelho. Un ano atípico, por Agustín Ferreira Lorenzo.
· Prácticas universitarias.
· Visitas guiadas.
· Nova especie exótica no Baixo Miño. Ludwigia grandiflora, por Agustín Ferreira Lorenzo.
· Xente que nos bota unha man.
· Observacións.
· ANABAM. Participación no NOR-WATER.
· Pelegrín Franganillo.
ANABAM
é unha entidade cunha activa traxectoria de observación, defensa,
protección, estudo e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e
cultural do Baixo Miño galego-portugués.
Os socios de ANABAM reciben gratuitamente o Boletín Carrizal así como outras publicacións editadas pola asociación. Ademáis poderán participar nas actividades que desenvolve a Asociación Naturalista "Baixo Miño".
As persoas que ainda non sexan socias de ANABAM poden solicitalo, cubrindo á ficha que figura na páxina web da asociación.
E quen desexe suscreberse ao Boletín "Carrizal", pode facelo. O importe de 6 números/ano é de 18 euros.

Ningún comentario:
Publicar un comentario