2 de set. de 2020

A GUARDA

O concello informa da situación na localidade en relación ao COVID-19 

A día de hoxe na Guarda hai rexistrados 12 positivos por Covid-19 asociados a dous brotes familiares

Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 Para coñecemento da cidadanía en xeral, e sobor de todo para que veciño/a cumpla coas medidas preventivas indicadas polas autoridades sanitarias, o Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de facer público un comunicado no que informa da situación epidemiolóxica na localidade guardesa, e faino nos seguintes termos: 

 "A día de hoxe, 2 de setembro de 2020, na Guarda hai rexistrados 12 positivos por Covid-19 asociados a dous brotes familiares. Sanidade, por tratarse de infeccións relacionadas con brotes, tomou medidas de prevención para evitar posibles consecuencias en grupos de risco, a vez que se realiza un rastrexo e os test necesarios para controlar a súa propagación. 

 Con motivo desta situación, Sanidade comunícalle a Residencia de maiores Monte Tecla a restrición de saídas ao exterior e visitas, xa limitadas pola dirección dende o pasado 11 de agosto. A súa vez a residencia manterá pechado o centro de día. Neste centro realizarase a proba PCR a todos os residentes e traballadores. 

 As medidas preventivas tamén afectan a outros centros socionanitarios. San Xerome pechará durante 15 días o centro de día, así como as seccións educativa e ocupacional. Avelaíña suspenderá, durante a próxima quincena, a atención grupal, mantendo o servizo de citas previas, a atención telefónica e teleatención. A súa vez tomará as medidas de prevención necesarias no piso protexido que xestiona. 

 O Club da 3ª Idade, que tiña previsto reabrir as súas portas o día 1 de setembro, retrasa esta reapertura 15 días. 

 A súa vez, un centro privado afectado por un positivo, a ludoteca DivierTT, activou o protocolo recomendado polo servizo de epidemioloxía da Xunta para facerlle a proba PCR a todas as persoas puideron ter contacto directo con este positivo, os nenos e a monitora do grupo. 

 Dende o concello tamén queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación en xeral, indicando que se está facendo o necesario para rastrexar e controlar os brotes. Temos que ser conscientes da nosa vulnerabilidade. O virus está aí e debemos tomar as medidas de prevención recomendadas para evitar o seu espallamento: distancia social, hixiene de mans e uso da mascarilla".

Ningún comentario:

Publicar un comentario