O CIM programa dúas sesións de teatro en setembro
Para os días 13 e 18 de setembro, no Centro Cultural
Para os días 13 e 18 de setembro, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Centro de Información á Muller de A Guarda programa neste mes de setembro dúas funcións teatrais, coa representación de “A nena que quería navegar” e “Invisibles”.
O domingo día 13 de setembro ás 18:00h o Centro Cultural acollerá a representación de “A nena que quería navegar”, unha obra dirixida ao público infantil, e o venres 18 de setembro ás 21:00h terá lugar a posta en escea da obra “Invisibles”, dirixida ao público adulto.
“A nena que quería navegar”, da autoría de Álex Sampayo e Borja F. Caamaño, é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
A obra está protagonizada por Guillermo Carbajo, Laura Míguez e Carlos Álvarez-Ossorio, e dirixida por Álex Sampayo, da compañía Redrum Teatro.
A obra está protagonizada por Guillermo Carbajo, Laura Míguez e Carlos Álvarez-Ossorio, e dirixida por Álex Sampayo, da compañía Redrum Teatro.
“Invisibles” é unha adaptación do libro homónimo da xornalista Mª Montserrat Fajardo Pérez que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez, coa dirección de Marián Bañobre.
Para ámbalas dúas representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 986 611 850, do Centro Cultural ou acudindo ata o propio Centro Cultural con anterioridade. O aforo é limitado.
Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Pacto de Estado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario