17 de ago. de 2020

TURISMO

A Guarda acollerá en 2021 o 90º Encontro Internacional da FICC 
 
· A presentación será este mércores día 19 de agosto, ás 10:30 horas, na Casa dos Alonso
 
 
Infogauda / A Guarda
 
 A localidade de A Guarda (Pontevedra), terá á honra de acoller a 90ª edición do Encontro Internacional da FICC 2021, un encontro internacional de campistas que na súa longa traxectoria tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español, e que celebrarase na vila guardesa o vindeiro ano. 
 
 A presentación dese destacado evento turístico aos medios de comunicación social será este mércores día 19 de agosto, ás 10:30 horas, na Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda. 
 
 No devandito acto participarán Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; María Elena Baz Rodríguez, concelleira de Turismo; Joâo Alves, presidente da FICC; Miguel Merino Ayllón, vicepresidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC); Andrés Sánchez, vogal da Federación Española de Clubes Campistas (FECC); Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo; e José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC.  
 
 No transcurso da presentación asinarase o convenio de colaboración entre o Concello de A Guarda e a Federación Internacional de Camping e Caravaring para a realización deste encontro internacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario