17 de ago. de 2020

A GUARDA

Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de setembro 

· O prazo para solicitar as citas comezará o mércores día 19 de agosto

 


Infogauda / A Guarda

 O  Equipo de Goberno do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que "o vindeiro mércores día 19 de agosto de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de setembro de 2020".  

 A solicitude de novas citas ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezar de xeito presencial de 9:00 a 14:00 horas na Casa dos Alonso, ou de xeito telefónico no teléfono 986 610 000.  

 Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario