A CARPA DO PLAN REVITALIZA CHEGARÇA A TUI PARA INFORMAR SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E COMUNITARIA
Mestres e mestras compostadoras da Deputación de Pontevedra estarán este xoves día 20 na rúa Casal Aboy, a carón do mercado municipal, para entregar compost á veciñanzae resolver dúbidas
Infogauda / Tui
As mestras e mestres composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra achegaranse este xoves ao concello de Tui para falar de compostaxe coa veciñanza. Instalarase unha carpa na rúa Casal Aboy para informar sobre compostaxe comunitaria e doméstica e entregar compost á veciñanza.
As e os cidadáns que se acheguen poderán resolver dúbidas sobre a xestión dos residuos oránicos e do resto das fraccións e do punto limpo grazas as explicacións do persoal técnico provincial. A intención é que toda a xente que se achegue saiba que compostar é sinxelo e convirte o lixo orgánico nun recurso, dándolle unha nova vida ao convertelo en compost. Entre outras das explicacións afondarase sobre o tipo de lixo que se pode botar no composteiro e o que non.
As persoas asistentes, amais de cubrir as inscricións para participar na compostaxe comunitaria ou solicitar un composteiro individual, poderán recoller diferente material divulgativo e de concienciación para que compostar sex aaínda máis sinxelo (imáns, guías, bolsas…). As persoas que queiran levar unha mostra de compost tamén recibirán indicacións das posibilidades de uso para fertilizar as prantas.
O punto informativo que se instalará o xóves de 10 a 13 horas na rúa Casal Aboy (no recinto onde está ubicado o mercado municipal) leva percorrendo todos os ‘concellos Revitaliza’ da provincia dende o pasado ano. Ata o de agora o interese espertado foi moi alto, tanto no referido á compostaxe individual con composteiros de horta, como á compostaxe comunitaria en zonas de máis densidade de vivendas. De feito, hai zonas nas que hai lista de agarda para poder obter un composteiro individual ou para habilitar centros de compostaxe comunitaria.
As actividades de información sobre o Plan Revitaliza pretenden xerar unha dinámica de dinamización e impulso da compostaxe como un modelo de xestión do lixo ambientalmente sustentable, achegando de maneira lúdica e sinxela á veciñanza que é compostar: dar unha nova vida aos residuos orgánicos para que volvan de novo á terra como fertilizante natural e xeren novos produtos, fomentando así a economía circular en lugar de queimalos ou envialos a un vertedoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario