18 de ago. de 2020

TOMIÑO

A Oficina de atención do ORAL no Concello de Tomiño amplía o seu horario de atención  

O persoal da oficina desprazarase a Tomiño todos os mércores en horario de mañá e tarde

Infogauda / Tomiño

 O Equipo de Goberno municipal vén de facer público que "a Oficina do ORAL sita no Concello de Tomiño, dobrará practicamente o seu horario de atención ao público, pasando de catro horas e media a sete. O día de atención ao público será, coma sempre, os mércores de cada semana, quedando da seguinte maneira: mañás, de 9.00 a 13.30 e tardes, de 14.30 a 18.00 horas.  

 A ampliación do horario foi posible grazas ás solicitudes feitas polo Concello neste sentido, xa que as horas dos mércores pola mañá, eran insuficientes para atender o volume de usuarios e usuarias que utilizan o servizo, sen ter que desprazarse até outras oficinas da comarca".

Ningún comentario:

Publicar un comentario