17 de ago. de 2020

TOMIÑO

PRIMEIRA ENTREGA DE COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS   

·  O mércores día 19 de agosto, ás 10.30 horas no Pavillón da Carballa

                                    Composteiros individuais

Infogauda / Tomiño

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de Tomiño vén de facer público que o vindeiro mércores, 19 de agosto, ás 10.30 horas, no Pavillón Polideportivo da Carballa, terá lugar a primeira entrega de composteiros individuais dentro da segunda fase do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Serán convocados uns 30 veciños, vía telefónica, que levan máis tempo anotados.

Programa:  

10:30 Recepción e presentación (Sandra Gonzalez, alcaldesa, e Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente).  

10:45 Charla informativa sobre o uso do composteiro.  

11:30 Preguntas e dúbidas.  

12:00 Entrega dos composteiros, termómetros e aireadores.  

 *Cada veciño ou veciña que leve un composteiro deberá firmar un documento de cesión, comprometéndose a facer o uso axeitado do mesmo.     

2º  Reparto de Composteiros: xoves 27 de agosto, (pendente de hora).  

 Seguintes repartos: cara setembro, faranse convocatorias polas mañás 2 veces á semana, por grupos de 10 a 15 persoas.  

 Repartirase ás persoas que levan tempo anotadas.  

 O seguinte paso será ir polas parroquias e facer as reunións de mañá e tarde en función das necesidades.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario