17 de ago. de 2020

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na vila

· O venres día 21 e sábado día 22 de agosto

Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará a vila de A Guarda o venres día 21 e sábado día 22 de agosto.  

 Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o venres 21, de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas; e o sábado 22 en horario de 10:00 ás 15:00 horas. 

  Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia procura facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario