26 de ago. de 2020

O ROSAL

A CAFETERÍA SKAPE 30 SORTEA UNHA BMW 1000 CC

INCLUÍDA NUNHA MACROCESTA CESTA DE NADAL, VALORADA EN MÁIS DE 25.000 €   

Dani Rodríguez e Celia Carrera, xerentes da cafetería Skape 30
Foto: J.R. Martínez

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal  

 A terceira edición do “Sorteo da Macrocesta de Nadal” que celebra a cafetería Skape 30, de O Rosal, vén de sorprender a clientes, amigos e veciños da contorna, xa que sextuplica o premio inicial de 4.000 € de hai uns anos.     

 Nesta ocasión, os seus activos xerentes Dani Rodríguez e Celia Carrera, presentarán oficialmente ao público o evento este sábado 29 de agosto (de 16:00 a 19:00 horas) coa exposición no local da impresionante motocicleta BMW 1000 cc, RR versión 2020, ademáis de descontos en consumicións e merchandising do fabricante alemán, que conta coa colaboración de Celtamotor BMW de Vigo.    


 Os “Moteiros do Baixo Miño” tamén veñen de confirmar a súa presenza nesta exhibición, que ofrecerá, ademais de diferentes produtos, cañas, refrescos e cafés a 1€. O aforo é limitado e será obrigatorio o uso de máscara. Este sorteo está regulado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.     

 Dende Skape 30 lembran que o premio da cesta, valorada en máis de 25.000 €, aparte da moto BMW, consta sempre de artigos de primeira calidade adquiridos no comercio local de O Rosal e do Baixo Miño, como son unha TV de 55’’, unha secadora, unha Play Station 4 Pro, un ordenador portátil I3, un xamón, unha cesta de productos típicos da zona, 300 € en rascas da ONCE, 10 décimos de Lotería Nacional de Nadal, 10 décimos de Lotería de Nadal da ONCE e un cambio de rodas de ata 300 € en MGV Automoción.     

 Máis información no perfil da cafetería SKAPE 30 na rede social Facebook.         

Ningún comentario:

Publicar un comentario