26 de ago. de 2020

A GUARDA

O Concello continúa a traballar no seu programa de compostaxe doméstico

· O executivo municipal indica que todas as persoas que teñan composteiros nas súas vivendas poden concertar citas coa mestra composteira



         Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal vén de facer público que "no ano 2014 o Concello de A Guarda puxo en marcha un programa de compostaxe doméstica co obxectivo de fomentar a reciclaxe da materia orgánica para facer unha xestión de residuos máis sostible e aproveitar este recurso para obter compost, materia orgánica estabilizada que serve como abono para os cultivos.  

 Para asegurar a correcta implantación e desenvolvemento deste programa, a mestra composteira do Concello de A Guarda iniciará o próximo mes de setembro as visitas de seguimento a estes composteiros para asegurar o seu correcto manexo e a resolver as posibles dúbidas que lle xurdan aos usuarios.  

 Entre 2014 e 2018 o Concello de A Guarda repartíu un total de 211 composteiros domésticos e en setembro deste ano se procederá a facer un seguimento de preto de 155 instalacións de composteiros domésticos en todo o termo municipal".  

 O executivo municipal indica tamén que todas as persoas que teñan composteiros nas súas vivendas poden concertar citas coa mestra composteira contactando no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario