5 de ago. de 2020

O BAIXO MIÑO

A Xunta de Galicia inicia as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, entre os concellos de Tomiño e Tui  

Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses

A intervención está enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas
Foto: X.G.


Infogauda / O Baixo Miño

 A Xunta de Galicia vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño.

 Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses. A intervención está enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas.

 A Consellería de Infraestruturas, considerando as achegas recibidas no proceso de información pública, definiu a execución dunha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, en Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150; e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, no Concello de Tui.

 Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, adaptándoos á nova configuración das interseccións. Reforzarase a iluminación específica para estes pasos, con sistemas detección de peóns que mellorarán a percepción do peón por parte dos condutores.

 Tamén se construirán beirarrúas no perímetro das glorietas executadas e se reubicarán as paradas de autobús, dotándoas ademais de novas marquesiñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario