5 de ago. de 2020

TOMIÑO

UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE VISITARÁ TOMIÑO

Estará ubicada na rúa Daniel Calzado Poceiro, o día 10 de agosto 

Para maior seguridade é mellor pedir cita previa ao teléfono 900 100 828  



Infogauda / Tomiño 

 Unha unidade móbil de Doazón de Sangue visitará o municipio de Tomiño o luns día 10 de agosto. Estará ubicada na rúa Daniel Calzado Poceiro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

 ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.  O seu traballo depende da colaboración diaria das distintas institucións, concellos, centros docentes e empresas galegas e aínda máis nestas circunstancias.  

 Para maior seguridade é mellor pedir cita previa ao teléfono 900 100 828

Ningún comentario:

Publicar un comentario