Sanidade actualiza o listado de territorios de obrigado rexistro para visitantes a Galicia
Entre as novidades está a inclusión de Madrid e a exclusión da Rioxa e de Portugal
Galicia é a terceira comunidade autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A Consellería de Sanidade ven de actualizar o listado de territorios
de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia e que se
publicará esta tarde no Diario Oficial de Galicia. Esta actualización
ven xustificada pola evolución de la situación epidemiolóxica tanto en
distintas comunidades autónomas como noutros países.
Entre as
principais novidades a nivel nacional que recolle esta lista
actualizada, destaca a inclusión de Madrid, mentres que pola contra xa
non será obrigatorio resixtrarse para os viaxeiros procedentes da Rioxa.
Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco. En canto aos
cambios internacionais, cómpre sinalar a exclusión de Portugal, polo
que as persoas procedentes do país veciño xa non estarán obrigados a
proporcio-nar os seus datos de contacto.
Galicia é a terceira
comunidade autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días,
de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e
Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.
Cómpre lembrar
que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do
período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan
unha incidencia epidemiolóxica 4 veces superior á de Galicia, deberán
comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias,
independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non.
Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de
calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.
As
persoas que visiten Galicia, terán un espazo de tempo de vintecatro
horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un
trámite que terán que reali-zar cada un dos viaxeiros. Así, a
Consellería de Sanidade publicará mañá por primeira vez, no Diario
Oficial de Galicia (DOG), a listaxe dos territorios cuxa incidencia
epidemiolóxica requira desta obriga, podendo ser tanto países
extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Neste sentido, a listaxe
actulizarase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de
cadanseu territorio.
Dúas modalidades para facilitar a información de contacto
Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou
subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os
viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de
sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son
residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de
teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela. Tamén
se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán
adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se
consideren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de
territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan
sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba
diagnóstica.
A atención que se considere necesaria polos
profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas
que a precisen, incluíndo a realización de probas diagnósticas ou, no
seu caso, dos tratamentos indicados.
Os establecementos de
aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medida aos seus
clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores
turísticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes
similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán
facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos
laborais.
A medida será efectiva dende a publicación pola
Consellería de Sanidade da Orde que regula esta comunicación e o
listaxe de territorios considerados de maior incidencia epidemiolóxica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario