En Viñas e Terras do Pazo deseñan a viticultura do futuro
Infogauda / Goián
Co apoio da startup biotecnolóxica Nostoc Biotech estánlle facendo fronte, de maneira totalmente ecolóxica, a Armillaria e a diversos fungos patóxenos e pragas que atacan ós seus viñedos.
A pasión de Joaquín Álvarez Martínez (Quin) pola agricultura, e en especial pola viticultura, empezou de pequeno cando ó salir da escola iba as leiras a axudar ós maiores.
Brincou entre os viñedos de Goián e As Eiras e aprendeu a inxertar, plantar, podar, como deseñar un viñedo en función das características de cada leira.
Seus mestres foron seu padriño Joaquín e os mestres viticultores das Eiras e Goián. Xente que sentía a viticultura como algo íntimo. Eles fixeron que Quin se namorase da viticultura.
Estes viticultores falaban coas vides, interpretaban a orografía, o chan… Lían no vento e na chuvia e deixáronnos un patrimonio inmaterial e material de valor incalculable, con auténticas obras de arte en pedra: muros, latadas,…, que hoxe en día, lamentablemente, en muitos casos están abandonadas.
Ao longo da súa vida Quin formou parte de infinidade de proxectos relacionados coa viticultura e a agricultura e que hoxe en día ou son unha realidade ou forman parte da historia da nosa comarca.
· Vogal polo Rosal xunto con Ángel Suárez Vicente no equipo fundador da D.O. Rías Baixas.
· Socio fundador de Terras Gauda.
· Fundador de Torroxal, primeiro proxecto de tintos autóctonos do Baixo Miño baixo o amparo da D.O. Rías Baixas.
· Traballou durante varios anos na localización de cepas de Castañal e Caiño Blanco no Baixo Miño, evitando a desaparición destas variedades endémicas da Subzona de O Rosal e que xa forman parte do Banco de Xermoplasma da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.
· Fundador de Viñas e Terras do Pazo.
· Socio fundador de Pazo Valdomiño, Viveiros Río Tollo e Vivaz Plant.
E seu último proxecto - polo de agora - merece unha mención especial: Teimosía, no que está volcado en corpo e alma.
Este proxecto de viños tintos é xa unha realidade e está sacándoo adiante xunto con Martín Crusat, de Adega do Vimbio, e o enólogo francés afincado en Galicia, Dominique Roujou.
O primeiro logro de Teimosía é que seus viños tintos da colleita do 2017 conseguiron, na súa primeira cata, unha puntación de 91 puntos na Lista Parker, na edición do 2020.
Conseguir máis de 90 puntos na primeira ocasión en que un viño é catado por un técnico da Lista Parker é algo só reservado para viños excepcionais, eses que nacen para faer historia, para marcar un antes e un despois.
Falar de Quin é falar de viticultura e agricultura con maiúsculas, un referente ó que moitos viticultores e agricultores piden consello.
Faer viticultura é unha carreira de fondo na que hai que faer fronte a infinidade de problemas todos os días.
A lista de enfermedades e pragas que afectan ós viñedos na D.O. Rías Baixas é cada vez máis amplia, algúns, como a Armillaria, son letais para as cepas.
E como a Quin sempre lle gustou innovar, co apoio de Nostoc Biotech e o seu colaborador para Galicia, José Benito Guerreiro Álvarez, fai 2 anos empezou a faer probas no control do Fusarium, Mildiu,…, na sua horta e nunha leira de fabas de media Ha, por aquilo de poder comer un pouco máis san e intentar cultivar as fabas de maneira ecolóxica.
Os resultados que obtivo foron espectaculares.
Nostoc Biotech elabora productos a partir do humus das miñocas. Baseánse nas interaccións que teñen os microorganismos do chan coas plantas, utilizando esas bacterias e fungos como un método preventivo e curativo para pragas e enfermidades.
Os traballos en Viñas e Terras do Pazo están protocolizados, baixo o asesoramento dos técnicos e a experiencia de Quin. As colleitas van saíndo adiante, mesmo en anos coma este nos que o Mildiu atacou máis ca nunca.
Pero logo nos viñedos hai outros problemas que non teñen solución, como é o caso da Armillaria, coa que hai que convivir, e o único que queda é repoñer as cepas que van morrendo e esperar a que o avance da Armillaria sexa o máis lento posible.
Un día José Benito mostroulle a Quin unhas fotos dun ensaio que fixera no Rosal, no que freou o avance da Armillaria nunha leira de froiteiras.
E Quin tardou un pestañexo en propoñer un reto: faerlle fronte a Armillaria que campaba as súas anchas por algún dos seus viñedos.
Foron meses de traballo, experimentando, buscando a maneira de faerlle fronte a un inimigo silencioso que cando se fai visible xa che está matando as cepas.
E cando unha cepa enferma e empeza a morrer, as que están ao seu lado serán as seguintes en caer. A Armillaria avanza silenciosa polo chan de maneira imparable.
Co paso do tempo Quin e José Benito foron mirando que os resultados eran esperanzadores: cepas prácticamente mortas volvían a vida, e as que estaban a seu lado xa non eran atacadas.
Quin explica que “traballar con microorganismos non é aplicar un producto químico, é semear vida, e necesitas xerar as condicións para que eses microorganismos fungos e bacterias non morran, colonicen os viñedos e fagánlle fronte ós fungos patóxenos, algúns como a Armillaria, letais.”
Pasear polos viñedos de Quin e ver rodales de cepas rescatadas das garras da Armillaria é, 2 anos despois, algo normal.
Cepas que o ano pasado estaban prácticamente mortas e sen un só acio, este ano teñen unha caixa de uvas.
Traballar con microorganismos é regresar a súa nenez. Escoitar as cepas e a terra, en tempos convulsos, no que o cambio climático é unha realidade, é necesario volver a conectarse coa terra.
Quin está mui contento porque un problema moi grave como a Armillaria, co que levaba anos loitando, agora mira que ten solución.
De forma paralela, en Viñas e Terras do Pazo levan feito infinidade de ensaios cos productos de Nostoc no control do Mildiu, co que están pelexando pero inda non conseguiron dominar.
Están logrando moi bos resultados no control da Botrite e outros fungos patóxenos.
Coa vantaxe de que non ten que gardar ningún prazo de seguridade.
Non queda outra que seguir traballando e intercambiando as súas experiencias con outros viticultores.
Como así fixeron neste 2020 co propietario dun viñedo na Ribeira Sacra, que tamén ten adega.
A este viticultor da Ribeira Sacra foille un pouco mellor no control do Mildiu e o Black rot cos productos de Nostoc e dun pequeno viñedo sacará unha serie limitada de botellas, o primeiro viño de Galicia procedente dunhas uvas tratadas só con microorganimos, fungos e bacterias, sin usar ningún fitosanitario, nin xofre nin cobre.
O que Quin está a facer nos seus viñedos é regresar ó pasado para avanzar hacia un futuro sostible que xa está aquí. Unha homenaxe ós seus mestres.
Nota da Redacción de Infogauda:
Esta reportaxe foi elaborada por José Benito Guerreiro Álvarez, coa supervisión lingüistica de Ricardo Rodríguez Vicente.
De esq. a der.: Joaquín Álvarez (Quín) e José Benito Guerreiro nos viñedos de Teimosía
Foto: Fernando Coello

Ningún comentario:
Publicar un comentario