17 de ago. de 2020

DEPORTES

Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

· Celebrarase o día 22 de agosto, ás 11:00 horas, no porto de A Guarda 

 Infogauda / A Guarda

 O martes día 18 de agosto ás 11:00h, na Casa dos Alonso (Praza do Reló, nº 1) realizarase a presentación do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica.

 Intervirán: Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes; José Fernández Prado, presidente da Federación Galega de Motonáutica; Carlos Estévez Gómez, vogal da xunta directiva da Federación Galega de Motonáutica; e Marcos Casaleiro Pousadela, vogal da xunta directiva da Federación Galega de Motonáutica e deportista participante no campionato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario