17 de ago. de 2020

A GUARDA

“Música nos Xardíns”

Este venres 21 de agosto, segunda cita deste evento

Con un concerto de Ded Rutines nas pistas deportivas do Centro Cultural

 

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de programar varias actividades baixo o proxecto “Música nos Xardíns” para poñer en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila. 

 Debido a pandemia do COVID-19, tivéronse que suspender os grandes eventos musicais existentes na vila de A Guarda e que enchen de música cada verán diferentes espazos do noso municipio, é por iso, e ante as novas medidas de prevención e distanciamento social,  o concello de A Guarda decidiu apostar por un proxecto no que se representasen aos colectivos que cada ano organizan festivais musicais, pero nun novo formato, “Música nos Xardíns”. 

 Despois dun primeiro concerto a cargo do grupo local Milhomes, que se celebrou o pasado 31 de xullo, este venres día 21 de agosto ás 21:00h é a quenda do grupo Ded Routines.

 Ás 20:00h e coma previa a este concerto realizarase nas pistas deportivas do Centro Cultural unha exhibición de patinaxe promovida polo Galifornia Beat. 

 A sala de exposicións do Centro Cultural amosará tamén nestes días unha exposición fotográfica titulada “Festivais da Guarda”, con imaxes de varias edicións dos festivais musicais máis significativos que se teñen realizado na vila nos últimos anos. 

PROGRAMA 

Venres 21 de agosto

Ás 21:00 horas, concerto de Ded Routines, evento apadriñado polo Galifornia Beat.

 Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda naceu en Camposancos, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal.

Venres 4 de setembro 

 Ás 21:00 horas, concerto de Helen & Shanna, evento apadriñado polo Rock Guardés.

 Cunha forte influencia folk, Helen & Shanna recolle aspectos doutras culturas, con instrumentos tan variados coma o sitar, a trompeta, o violín ou o ukelele. 

 Charla previa de Fernando Rego sobre: “Unha historia da música en Galicia. 1952 – 2018”.  

 Para asistir a estes eventos é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 9:00 a 14:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario