A praza de Avelino Vicente acollerá o Mercado Artesanal
Os venres e sábados desta última fin de semana de agosto e a primeira de setembro
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Desenvolvemento Local de A Guarda, que dirixe Fátima Rodríguez Marcos, organiza o Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente, os venres e os sábados desta última fin de semana de agosto e da primeira de setembro.
O horario de apertura da devandita actividade ao aire libre, é tanto para o venres como para o sábado, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.
Neste mercado van participar artesáns de A Guarda e da nosa contorna, os cales ofrecerán as súas elaboracións en bordado, marroquinería, complementos ou mesmo decoración.
Tamén participarán asociacións e entidades de acción social que tanta axuda prestaron e prestan, durante a pandemia.
A finalidade deste mercado é ofrecer unha oportunidade ao sector de artesanía e produtos locais, especialmente golpeados durante este ano pola crisis sanitaria.
Co Mercado Artesanal e a variada programación, desde o Concello de A Guarda procúrase que sexa un atractivo máis para veciños e visitantes, e que gocen do noso comercio e cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario