24 de ago. de 2020

A GUARDA

A ASOCIACIÓN TRANS MIÑO DA A COÑECER AS ACTIVADES PARA O CUARTO CUATRIMESTRE DO 2020     

Que comezará coas I XORNADAS DE FORMACIÓN EN LGTBIfobia NOS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE  

 

Trans Miño-LGTBIQ+ / A Guarda

 Desde Trans Miño-LGTBIQ+ levamos dende o inicio da tempada estival, traballando na programación de actividades do último cuadrimestre deste ano 2020. A primeira actividade dun longo calendario que nos levase hasta o mes de decembro empézase cunha actividade que nos levou moito tempo plantexar e buscar os recursos tanto materiais, humans e loxísticos para poder levar a cano as I Xornadas de Formación en LGTBIfobia nos Corpos e Forzas de Seguridade. Esta actividade esta dirixida para os membros da Policía Local, Auxiliares da Policía Local, Corpo Nacional de Policía, Garda Civil, empresas de seguridade privada, así como para os controladores de accesos e opositorxs aos mencionados corpos.  Destas Xornadas de Formación darase ampla información na presentación oficial, que aínda se está a estudar onde se vai a organizar. 

 Para ir adiantando as inscricións a dicha Xornadas deixámosvos as instrucións como as ligazóns ás fichas de inscrición seguindo os pasos que se marcan.    

· Formulario en liña: https://forms.gle/3MXzzBQyHxFL11zZ8 

 Cubrir e darlle a enviar.

· Formulario Driver que terán que reenviar o correo da asociación  https://drive.google.com/file/d/1nphzMFeBWZi3v8CH7ajmzWJTyLnxEyER/view?usp=sharing 

Cubrilo e enviar por correo     

· WhatsApp. tenrán que solicitar a ficha de inscrición no teléfono 626 420 874 e enviarémoslla pola mesma canle. letra maiúscula e de forma lexible. Enviar o mesmo WhatsApp ou o correo: transminho.lgtbi@gmail.com     

 Lembrar que teredes ata o día 14 de setembro do 2020 para a inscrición.

 Doutra banda volve o programa que estará nos centros educativos da nosa bisbarra con charlas informativas e campañas de divulgación.     

 Neste cuatrimestre centrámonos máis na coeducación sexual e a prevención de enfermidades de transmisión sexual, co programa "EDUQUEMOS NA DIVERSIDADE", que pretende percorrer a bisbarra do Biaxo Miño e Val Miñor cunha serie de charlas e actividades nos centros educativos.     

Sen esquecernos nas efemérides:  

· 11 de outubro “Día para saír do Armario”;  26 outubro “Día da visibilidade Intersexual”; 20 de novembro “Día Internacional da memoria Intersexual”;  1 de decembro Día Internacional da Loita Contra a VIH-SIDA; E   10 de decembro “Día Internacional dos Dereitos Humans”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario