24 de ago. de 2020

A GUARDA

As praias guardesas de Bandeira Azul ainda máis seguras 

Cos novos equipamentos e materiais recibidos

 

O alcalde Antonio Lomba Baz e a técnica de Turismo do Concello de A Guarda, Rosalía Verde Pérez, con dous dos socorristas, o desfibrilador e a cadeira anfibia, na praia do Forte

Infogauda / A Guarda

 Os servizos de socorrismos das praias de Area Grande e O Forte (coñecida popularmente como Praia do Muiño, en Camposancos), contan con novo material e equipamento para unha eficaz resposta ante un posible incidente neses concorridos enclaves. 

 Estas dúas praias de Bandeira Azul contan con servizos de socorrismo dende xullo a setembro e durante estes meses foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido a situación sanitaria se foi retrasando. 

 Destacan as táboas de rescate que os socorristas poden empregar para facer vixilancia activa, como achegarse ata os bañistas para dar recomendacións e, inclusive, ante unha actuación de rescate. 

 E a semana pasada recibíronse os desfibriladores automáticos, un equipamento tamén moi esperado para mellorar a atención, e que reafirman o compromiso de que o servizo conte cos medios adecuados para a atención das posibles incidencias que podan xurdir nestas dúas praias de gran afluencia de usuarios.

 Desde o executivo municipal lembran que "a praia do Forte é a praia accesible do concello polo que, ademais de pasarelas e aseos adaptados, conta dende hai anos cunha cadeira anfibia para facilitar o baño ás persoas con discapacidade física. Este verán adquiriuse unha nova cadeira anfibia máis cómoda e práctica para os usuarios que a solicitan cada ano".

Ningún comentario:

Publicar un comentario