25 de ago. de 2020

A GUARDA

Cunha chea de propostas para todas as idades, A Guarda despide o mes de agosto

• Cinema na rúa, deporte, teatro, visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, compoñen a programación para esta fin de semana




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do Covid-19.  

 Nesta fin de semana, e pechando xa o mes de agosto a programación, recollida na Axenda de verán 2020, conta coas visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións pódense realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com





 Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) 986 610 504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es  

 Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que novamente colga o cartel de aforo completo para esta semana.  

 O xoves 27 terá lugar unha actividade deportiva consistente nunha ruta en kaiak polo río Tamuxe. As prazas xa están cubertas.  

PROGRAMACIÓN 

Venres 28

 Cinema na rúa coa proxección de “Mr.Link”, Ás 22:00h. na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es





 Cunha duración de 93 minutos “Mr. Link” conta a historia de Sir Lionel Frost, quen se considera coma o maior investigador de mitos, monstros e lendas. Estes cualificativos teñen sido cuestionados polo seu círculo mais preto, o que lle anima a comezar unha investigación polo noroeste americano na busca do Eslabón Perdido, unha misteriosa criatura metade humano e metade besta. 

Sábado 29 

 ´Ás 20:00 horas, no Auditorio de San Bieito, sesión de teatro coa posta en escena de “Pelos na lingua”. 

 Inscrición previa no Centro Cultural (986 611 850- centrocultural@aguarda.es). 





 Cunha duración de 70 minutos “Pelos na lingua” vai destinada a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto. 

Domingo 30 

 Ás 10:00 h., nova cita con “Domingos de natureza e auga”, con diversos percorridos polo litoral guardés. 





 Información e inscricións na Oficina de Turismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario