Comezaron ás obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande
· Están promovidas polo Equipo de Goberno do Concello de A Guarda
O alcalde e o concelleiro de Vías e Obras, departindo cos operarios que están realizando os traballos
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Equipo de Goberno Municipal vén de facer público que "a pasada semana comezaron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande, uns traballos que inclúen a reposición do firme e da area do parque infantil, reparación dos camiños interiores, reparación da fonte e substitución integral da balaustrada de pedra.
Estas obras veñen a mellorar un dos espazos públicos do noso municipio, aportando tamén novas medidas de seguridade cunha nova balustrada en pedra, máis segura e firme que a que existía até o de agora".
Antonio Lomba Baz, Miguel Ángel Español Otero e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, supervisando in situ ás obras no parque de Laxe Grande
Antonio Lomba Baz, Miguel Ángel Español Otero e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, supervisando in situ ás obras no parque de Laxe Grande
Na xornada de onte luns 24 de agosto, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero, visitaron este parque para comprobar o avance destas obras, que poderían estar xa rematadas nun par de semanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario