25 de ago. de 2020

A GUARDA

O Concello mellora o subministro de auga na zona de Agrelo, Os Outeiros e Fonte Quente

Esas obras, realizadas pola Concellería de Servizos, garanten o subministro de auga a máis dunha vintena de vivendas existentes nesa zona

O concelleiro de Vías e Obras, supervisando in situ os traballos que están realizando operarios do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda vén de facer público no día de hoxe que "operarios municipais traballan dende fai unha semana na substitución dun tramo da rede de subministro de auga na zona da subida da E.D.A.R. de A Guarda. 

 Estas obras realízanse despois de terse detectado numerosas incidencias no subministro nesta zona, polo que se decidiu realizar a substitución completa da tubaxe de subministro de auga ao longo de máis de 200 metros. 

 Estas obras, realizadas pola Concellería de Servizos, garanten o subministro de auga a máis dunha vintena de vivendas existentes nesa zona da Guarda."

 Dese xeito, os usuarios das vivendas situadas nas zonas de Agrelo, Fonte Quente e Os Outeiros van notar unha mellora no servizo de abastecemento de auga da traída municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario