XUBILEO PENITENCIAL DO VOTO A SANTA TREGA: UNHA TRADICIÓN GUARDESA CON 665 ANOS DE ANTIGÜIDADE
Víñase celebrando o último sábado de agosto, coa participación de homes das parroquias do Arciprestazgo da Guarda
Ainda que por causa da pandemia, neste 2020 non haberá os actos acostumbrados
Imaxe da protomártir que venérase na ermida do Monte Santa Trega
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A
Irmandade do Clamor, cuxa existencia conta con 880 anos, xa que foi
formalmente establecida no ano 1140; organiza cada ano, catro
celebracións na ermida de Santa Trega: a do Luns de Pentecostés, adicada
ao Espírito Santo e á Virxe do Mar; o Xubileo Penitencial do Voto a
Santa Trega, que orixinariamente tiña lugar o luns infraoctavo da
Asunción, e que desde fai moitos anos está sendo no último sábado de
agosto; a festividade de Santa Trega, o 23 de setembro e a de San
Estevo, o 26 de decembro.
Polo seu carácter, destaca sobre todas elas, O Voto a Santa Trega, unha tradición que provén do ano 1355 - que segundo o Chronicon Conimbricense "este foi o anno mais seco que os homens viron" -, e ao que asisten únicamente homes.
Segundo a tradición, o Xubileo Penitencial do Voto a Santa Trega ten relación directa cunha seca que se padeceu na comarca miñota durante sete anos. Iso trouxo aparellada diversas epidemias que produciron desolación e miseria. No libro de San Isidoro, de Caminha, documéntase que a auga foi racionada.
Ainda que desde fai anos o Xubileo Penitencial do Voto a Santa Trega víñase celebrando o último sábado de agosto, neste 2020, por causa da pandemia, foron suspendidos os actos acostumbrados, o cal non impedirá que moitas persoas o conmemoren a nivel íntimo como consideren máis axeitado, probablemente co rezo do Santo Rosario, a asistencia a algunha celebración eucarística na xornada deste sábado e poida que mesmo xaxuando. En definitiva, conmemorando de xeito intimista un Xubileo Penitencial do Voto que mantén a secular devoción a mártir Santa Trega.
Santa Trega, rogai a Deus por nós, Deus ouvide a nós, Kyrieleyson.

Ningún comentario:
Publicar un comentario