29 de ago. de 2020

A GUARDA

O  GRUPO MUNICIPAL DO BNG PIDE AO ALCALDE QUE CONVOQUE A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO COVID-19


Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda

 O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, acaba de solicitar unha reunión urxente  da comisión de seguimento do COVID 19 na localidade na que  se convoque tamén  aos  representantes de todas as forzas políticas do Concello.  

 Segundo Anxo Lois Baz "o Concello da Guarda debe esixir aos servizos sanitarios da Xunta de Galiza que informen sobre a situación epidemiolóxica actual na Guarda ante as dúbidas e a alarma  social que se está xerando na localidade".

Ningún comentario:

Publicar un comentario