A Fortaleza de Santa Cruz acollerá un novo encontro de Ioga
Será o domingo 23 de agosto, ás 10:30 horas
Infogauda / A Guarda
A Fortaleza de Santa Cruz, na vila de A Guarda, será novamente o escenario de “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 23 de agosto ás 10:30h.
Cada participante deberá traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.
Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd2H9Z6-F8mglI7HYZQhs3p8GdbLk0BlteWDbvcwhLfWJlnXg/viewform?vc=0&c=0&w=1
As persoas interesadas en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello de A Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en deportes@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario