23 de xul. de 2020

TUI

VI RUTA HISTÓRICA DE TUI


· O sábado 8 de agosto o club Andatui organizará a VI Ruta histórica de Tui guiada por un historiador tudense

Muralla de Tui


Club Andatui / Tui

 O sábado 8 de agosto o club Andatui organizará a VI Ruta histórica de Tui guiada por un historiador tudense. Esta ruta, de aproximadamente 4 quilómetros e saída desde a praza da Inmaculada ás 21:00 horas, levaranos a coñecer distintos aspectos da historia tudense, centrándonos este ano en percorrer e dar a coñecer a antiga muralla de Tui. A ruta rematará na Alameda de san Domingos para degustar unha queimada do mestre Gabi onde tamén haberá unha chocolatada para os máis cativos. Xa no final faremos un sorteo con diversos agasallos.  

 Esta actividade ten un prezo de 6 euros para os maiores de 14 anos e de 4 euros para os de 14 anos ou menos.  

 Xa está toda a información e formulario de inscrición en www.andatui.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario