A vila guardesa acollerá unha actividade de Orientación
· Que terá lugar o sábado día 1 de agosto, ás 10:00h, dende a Fortaleza de Santa Cruz
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado 1 de agosto, en xornada de mañá, terá lugar a segunda Actividade de Orientación do Concello de A Guarda.
Dirixida por Xesta Natureza, este evento levará aos participantes polo casco urbano da vila, contribuíndo ao coñecemento do noso patrimonio natural, histórico e arquitectónico, e ao mesmo tempo tamén desvelará recunchos singulares.
A
proba dará comezo ás 10:00h dende a Fortaleza de Santa Cruz, e consistirá
en atopar, en orde, unha serie de puntos (balizas),
espallados polo entorno urbano do Concello. Para iso os participantes
disporán dun mapa especificamente creado para este tipo de carreiras, e
aínda que non se trata dunha proba competitiva, o equipo/persoa gañador
será aquel que faga correctamente o seu percorrido no menor tempo
posible.
Os
participantes contarán para isto cunha tarxeta electrónica que lle
facilitará a organización, para comprobar que o percorrido realizado é
válido. Cabería salientar tamén que esta proba terá horarios de saída
escalados, de xeito que ningunha persoa/equipo sairá ao mesmo tempo que
outra co mesmo percorrido.
Ao
rematar a carreira, a organización disporá dun pequeno avituallamento
para tódolos participantes, onde poderán comprobar en tempo real os
resultados, grazas a un código QR impreso no mapa.
A inscrición pódese facer de xeito individual ou en grupo (equipos), e existirán 3 categorías diferentes:
Xestiñas (iniciación para nenas/os, se son menores de 9 anos deberán ir acompañados de un adulto); Xestas (adultos ou nenas/os con maior dificultade física e técnica); e Xesteiras (categoría só pensada para persoas con altos coñecementos en Orientación).
Máis información e inscricións: http://www.xestanatureza.com/inscricions/aguarda2020
Ningún comentario:
Publicar un comentario