9 de xul. de 2020

LABORAL

O COMITE DE EMPRESA DE BORGWARNER CHEGA A UN ACORDO COA DIRECCIÓN DA EMPRESA 

· E convoca unha asemblea de traballadores e traballadoras para o próximo sábado para informar dos acordos alcanzados coa empresa

Infogauda / Vigo

 No día de hoxe recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo un comunicado do comité da empresa BorgWarner, con centros de traballos en Zamáns (Vigo), e porte do Molle (Nigrán), que dí o seguinte:

 "O comité de empresa de BorgWarner informa que na reunión da negociación do período de consultas do ERE deste xoves, 9 de xullo, chegouse ao acordo de que a dirección retira o ERE ante os argumentos expostos pola parte social, acordándose: 

- Retirada da folga indefinida e suspensión da concentración prevista para mañá venres na delegación territorial da Xunta en Vigo. 

- Inicio dun período de negociación que irá entre o 13 de xullo até o 31 de agosto. 

 Así mesmo, o comité convoca unha asemblea de traballadores e traballadoras para o próximo sábado para informar dos acordos alcanzados coa empresa".

Ningún comentario:

Publicar un comentario