A Xunta impulsa o achegamento da mocidade ao legado arqueolóxico de Galicia cun campo de voluntariado na Ciadella
Mozas e mozos entre os 18 e os 30 ano participan nesta actividade, que é unha das novidades da Campaña de Verán deste ano
Ofértanse 348 prazas nos 29 campos de voluntariado que terán lugar
por todo o territorio galego ao longo da actual tempada estival
O
Goberno galego iniciou o pasado mes de marzo unha intervención para
afondar no coñecemento deste asentamento militar construído no século II
d.C
Infogauda / Sobrado dos Monxes (A Coruña)
A directora xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, xunto coa directora de
Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, visitaron esta
tarde ao grupo de mozas e mozos que participan no campo de voluntariado
que se está a desenvolver ao redor do campamento romano de A Ciadella,
un xacemento arqueolóxico no que a Xunta de Galicia inviste preto de
250.000 euros para a súa recuperación e posta en valor.
Como
complemento a esta intervención impulsada pola Consellería de Cultura e
Turismo e que desenvolve un equipo de arqueoloxía e
conservación-restauración da Universidade de Vigo, rapaces e rapazas con
idades comprendidas entre os 18 e os 30 traballan no acondicionamento e
limpeza do xacemento e tamén fan tarefas de catalogación e dinamización
de todo o descuberto. Esta actividade, guiada e supervisada polos
técnicos, é unha das novidades da Campaña de Verán deste ano da Xunta de
Galicia.
Este campo comezou o pasado domingo, día 19, e se
prolongará ata o xoves, día 30, e entre os materiais atopados neste
xacemento salientan ánforas e outras pezas de cerámica, así como moedas
que abranguen desde a época do emperador Domiciano (ano 86 d.C) ata
Claudio o Gótico (ano 270 d.C). Ademais dos labores na Ciadella, o campo
inclúe toda unha serie de actividades complementarias, como obradoiros
de queixo, pan e cestería; excursións a Sobrado dos Monxes, a Lugo, ao
Castro de Baroña e a Corrubedo; veladas e foliadas.
O campo de
voluntariado da ‘Ciadella’ é un dos tres que desenvolven en conxunto a
Consellería de Política Social e a Consellería de Cultura e Turismo,
xunto co campo ‘A idade do bronce’, en Campo Lameiro (Pontevedra); e o
de ‘Castro de Viladonga’, en Castro de Rei (Lugo).
A Consellería
de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos
de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18
anos por todo o territorio galego. Todas as actividades desta campaña
seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas
autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as
persoas participantes.
En total, a Campaña de Verán deste ano, que
leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade
6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán
ata comezos do mes de setembro.
Investimento de preto de 240.000 euros
A
intervención arqueolóxica iniciouse o pasado mes de marzo. Trátase dun
proxecto que, impulsado pola Xunta de Galicia cunha achega de preto de
250.000 euros e desenvolto pola Universidade de Vigo, pretende afondar
no coñecemento deste asentamento militar construído no século II despois
de Cristo.
Os traballos realizados ata agora, nos que
participaron doce persoas, técnicos e auxiliares de arqueoloxía,
permitiron descubrir unha gran parte da estrutura do campamento, así
como un camiño perimetral ou fases de reocupación civil do xacemento
datadas a finais do século IV e outra posterior, xa do século VI en
diante, que inclúe unha zona de necrópole posiblemente das épocas
tardoantiga e altomedieval que non era coñecida en toda a súa extensión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario