Percorrendo Galicia páxina a páxina
Guías turísticas na colección do MPG
· Do sábado 25 de xullo ao domingo 4 de outubro, no andar do claustro do Museo do Pobo Galego
Portada de Santiago de Compostela: guía del peregrino y del turista, de Román López y López
Rosa Méndez / Santiago de Compostela
Sábado 25 de xullo de 2020, abre a mostra “Percorrendo Galicia páxina a páxina: guías turísticas na colección do MPG”.
A Biblioteca do Museo do Pobo Galego garda un interesante e multidisciplinar fondo bibliográfico e documental, procedente na súa meirande parte de achegas tanto particulares coma institucionais. Nesta ocasión imos coñecer Galicia a través dunha coidada escolma de guías turísticas (libros, folletos, carteis promocionais).
Partindo da Guía de Galicia de 1883 chegamos ata a primeira década do século XXI. Da man de Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Cunqueiro, Begoña Medina, Laredo Verdejo, Vítor Vaqueiro, Rosa Casado Nieto, e Federico Cocho entre moitos outros, facemos un percorrido por vilas e lugares de Galicia, achegándonos dende Ribadeo ata Tui, pasando por Chantada, Ribadavia ou Arzúa.
Guías, algunhas exhaustivas nos datos informativos, outras de esmerado deseño coa participación de artistas como C. Portela, C. Sobrino, Llorens ou de fotográfos como R. Caamaño dan cumprida visión do turismo en Galicia ao longo do pasado século.
Do sábado 25 de xullo ao domingo 4 de outubro, no andar do claustro do MPG.
Horario: martes a sábado: 11:00-18:00
domingos e festivos: 11:00-14:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario