A Deputación de Pontevedra retoma os cursos presenciais do programa Labora 2020 suspendidos por mor da COVID-19
A partir do 6 de xullo Barro e Vigo acollerán catro itinerarios formativos de almacén, dinamización de actividades, socorrismo e limpeza
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra retoma a partir do próximo luns, día 6 de xullo, os cursos presenciais do programa Labora 2020
que foron suspendidos debido á crise sanitaria da COVID-19. Deste
xeito, Barro e Vigo reiniciarán catro itinerarios formativos entre os
meses de xullo e outubro, nos que estaban a participar ao redor de 70
alumnas e alumnos.
En concreto, o luns 6 de xullo comeza en
Barro o curso de Actividades Auxiliares de Almacén, en horario de 9 a 14
horas ata o 1 de setembro. Tamén o día 6, en Vigo comezan dous
itinerarios formativos, Dinamización de Actividades de Tempo Libre
Educativo Infantil e Xuvenil, de 16 a 21 horas ata o 24 de setembro; e
Socorrismo en Instalacións Acuáticas, de 9 a 14 horas ata o 13 de
outubro. A finais de xullo, o día 22, en Vigo retómase o curso Limpeza
de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais, en horario de 16 a 21
horas ata o 18 de setembro.
Labora 2020,
proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, está destinado á
inserción das persoas máis vulnerables e ten por obxectivo mellorar a
formación e a empregabilidade na provincia. A iniciativa está dirixida a
persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e que
pertenzan a colectivos vulnerables (persoas desempregadas de longa
duración, mozas e mozos menores de 30 anos, persoas maiores de 55 anos,
persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas ou
comunidades marxinadas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario