O VOLANTEIRO PIUEIRO HOMENAXEARÁ A ROSALÍA DE CASTRO
Arribará no Espolón (Padrón), o vindeiro día 24 de xullo, arredor das 19:30 horas
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
O volanteiro Piueiro, embarcación tradicional de A Guarda, chegará a Padrón en homenaxe a Rosalía de Castro o vindeiro venres día 24 de xullo, arredor das 19:30 horas, no Espolón.
Piueiro ten unha vela coa imaxe de Rosalía e o lema “Eu son libre”, do manifesto “Lieders”, unha proclama feminista da autoría da poeta nacional galega, publicado por primeira vez en Vigo, en 1858.
Ningún comentario:
Publicar un comentario