20 de xul. de 2020

A GUARDA

Continúa a variada programación de verán 

· Con cinema, visitas guiadas, actividades en familia,...


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa esta semana co calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que figuran todas as propostas culturais, deportivas, formativas, de lecer e turísticas, que están a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes, ao longo dos meses de verán.
  




 Estas actividades están xestionadas a través de diferentes departamentos municipais e xa se iniciaron a pasada semana con eventos programados para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes. Tendo en conta sempre as medidas de hixiene e seguridade polo COVID-19, motivo polo que teñen lugar en espazos abertos e cun aforo limitado. 



 Continúan deste xeito as visitas á embarcación O Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (agás o 23 de xullo), as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.  

 A programación continúa con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán na Fortaleza de Santa Cruz, con horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es


 



 Destacan as novas propostas culturais para esta semana, entre elas o Cinema na Rúa, na Praza do Reló coa proxección do filme “La Gallina Turuleca”, o xoves día 23, ás 22:30h; e un espectáculo de cabaret no Auditorio de San Bieito o sábado 25 de xullo ás 20:30h. Inscrición previa para estas actividades culturais no Centro Cultural (986 611 850 - centrocultural@aguarda.es




 O venres 24 de xullo ás 23:00h., celebraráse no Puntal (Camposancos), a visita de astronomía “Noite de estrelas”.  Inscrición previa na Oficina Municipal de Turismo (986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com



 O domingo 26 continúan os “Domingos de natureza e auga”, ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina Municipal de Turismo 986 614 546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario