CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN AO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL
· Polas filtracións de augas fétidas na zona do Baixo Muro
· E por non atender debidamente aos veciños afectados
· Polas filtracións de augas fétidas na zona do Baixo Muro
· E por non atender debidamente aos veciños afectados
Nas imaxes, documéntase o lugar onde saen filtracións de augas fétidas
Fotos: Grupo Municipal de Converxencia Galega - A Guarda
Infogauda / A Guarda
Atendendo as queixas de veciñas/os da rúa Baixo Miño, o concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, vén de presentar no rexistro de entradas do concello á seguinte comunicación:
OLORES FÉTIDOS E PRESENZA DE MOSCAS E MOSQUITOS NO BAIXO MURO
Dende fai bastante tempo, os veciños da zona do Baixo Muro, teñen ido a falar e/ou a presentar escritos no Concello pola situación que están padecendo nese lugar, por unhas filtracións de aguas fétidas que manan por debaixo da zona amurallada, sin que a día de hoxe, ningún dos compoñentes do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, lles haxa feito caso, nin moito menos acudir ao lugar.
Despois de chamar desesperadas a este Portavoz Municipal, no momento da visita o lugar, a presenza de mosquitos e moscas verdes “vareixas” e alguna outra especie, así como o cheiro a cloaca, a saída de augas fecais, facían difícil estar alí moito tempo.
Subindo o lugar do “Muro” encontramos en varias esquinas a ruptura do cemento no “pasillo” e na praza, nalgúns casos, mesmo na línea de casas, ainda que consideramos que posiblemente sex apola filtración dagún pozo séptico dos arredores.
Creemos que se debe atallar de xeito urxente este punto infeccioso, que pode traer nalgún momento algún problema de saúde as persoas desta parte do noso pobo.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, solicitamos a toma de medidas urxentes por quen corresponde, en especial o Sr. Alcalde e Concelleiro de Urbanismo, así como tamén o Concelleiro de Vías e Obras, para que impartan as ordes oportunas a fin que se acuda ao Muro e se proceda a levar a cabo as obras pertinentes de salubridade e evitar que siga por moito tempo máis esta situación.
Asimesmo, dende CONVERXENCIA GALEGA, denunciamos a deixadez das súas función do Goberno do PSOE, e chamamos a atención “a quen corresponda” para que dunha vez por todas, escoite e se dé a atención que se merecen os guardeses cando acuden a sede do Concello a facer unha queixa ou unha reivindicación.
A Guarda, a 17 de Xullo do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Tráfico
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario