Román Rodríguez refírese ao novo Museo Sargadelos como un faro cultural que iluminará A Mariña e toda Galicia
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións asistiu hoxe á apertura da primeira fase do museo en Cervo que recolle a historia da fábrica de cerámica
O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da primeira fase do Museo de Sargadelos
Foto: X.G.
As salas expositivas están situadas
nas antigas dependencias do Seminario Sargadelos e está previsto
recuperar tamén a casa na que viviu Díaz Pardo
A mostra inclúe pezas de vidro e xoiería, olería tradicional, obras de antigos alumnos, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, colaboracións de persoeiros ilustres e pezas feitas exclusivamente para empresas, así como esculturas destacadas
Infogauda / Cervo (Lugo)

O conselleiro de Cultura e Turismo en
funcións, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da primeira
fase do Museo de Sargadelos, un proxecto expositivo en Cervo que recolle
a historia da fábrica de cerámica e que ten previsto recuperar tamén a
casa na que viviu Isaac Díaz Pardo.
Durante a apertura e visita a este museo situado nas antigas dependencias do Seminario Sargadelos, o titular de Cultura e Turismo en funcións da Xunta destacou este novo museo como un faro que iluminará A Mariña e toda Galicia, exercendo como un novo atractivo cultural e turístico. “Somos conscientes de que este non é un momento doado para a zona da Mariña, pero precisamente por iso agora é máis importante que nunca poñer en marcha iniciativas como esta, capaces de dinamizar a economía ao tempo que se pon en valor a nosa identidade e legado cultural”, subliñou o conselleiro.
Nesta mesma liña, Román Rodríguez amosouse convencido de que este novo proxecto funcionará como un motor “para impulsar o turismo cultural dentro da Mariña lucense”, xa que permitirá ampliar a oferta de que poderán gozar todos os visitantes nesta zona ao mesmo tempo que se pon en valor algo tan característico da cultura e creación artística de Galicia como é a cerámica de Sargadelos.
Por outro lado, o representante da Xunta agradeceu o esforzo realizado por parte de Sargadelos para abrir este novo museo que recolle á perfección “a historia dunha verdadeira icona cultural para toda Galicia” e que, ademais, pon en valor boa parte do legado dun referente como Isaac Díaz Pardo. “Estou convencido de que Díaz Pardo estaría orgulloso de ver este espazo, da traxectoria de Sargadelos e de como a importancia desta fábrica de cerámica segue medrando”, destacou o conselleiro.
A xoiería, o vidro ou as colaboracións con persoeiros ilustres e grandes ceramistas como Arcadio Blasco, Carmen Perujo, Silveiro Rivas ou Camilo José Cela tamén ocuparán un lugar destacado dentro do novo museo. O proxecto complétase cun túnel pasadizo con pezas dos alumnos que participaron nas experiencias que se fixeron nos veráns desde 1971 e cunha sala adicada ás pezas que se fixeron exclusivas para empresas e ás esculturas de artistas de renome.
Dentro desta primeira fase tamén se recuperou o auditorio, onde se levarán a cabo experiencias culturais e proxeccións; a antiga sala de reunións, que albergará varias vitrinas con pezas do Castro desde 1950, e a antiga Biblioteca do Seminario cunha colección de máis de 1.000 libros.
Durante a apertura e visita a este museo situado nas antigas dependencias do Seminario Sargadelos, o titular de Cultura e Turismo en funcións da Xunta destacou este novo museo como un faro que iluminará A Mariña e toda Galicia, exercendo como un novo atractivo cultural e turístico. “Somos conscientes de que este non é un momento doado para a zona da Mariña, pero precisamente por iso agora é máis importante que nunca poñer en marcha iniciativas como esta, capaces de dinamizar a economía ao tempo que se pon en valor a nosa identidade e legado cultural”, subliñou o conselleiro.
Nesta mesma liña, Román Rodríguez amosouse convencido de que este novo proxecto funcionará como un motor “para impulsar o turismo cultural dentro da Mariña lucense”, xa que permitirá ampliar a oferta de que poderán gozar todos os visitantes nesta zona ao mesmo tempo que se pon en valor algo tan característico da cultura e creación artística de Galicia como é a cerámica de Sargadelos.
Por outro lado, o representante da Xunta agradeceu o esforzo realizado por parte de Sargadelos para abrir este novo museo que recolle á perfección “a historia dunha verdadeira icona cultural para toda Galicia” e que, ademais, pon en valor boa parte do legado dun referente como Isaac Díaz Pardo. “Estou convencido de que Díaz Pardo estaría orgulloso de ver este espazo, da traxectoria de Sargadelos e de como a importancia desta fábrica de cerámica segue medrando”, destacou o conselleiro.
Celebración do centenario
A primeira fase deste novo proxecto museográfico componse de sete salas expositivas, quedando pendente de execución unha segunda fase que inclúe novas salas e a recuperación da casa na que viviu Isaac Díaz Pardo na súa etapa en Cervo, unha iniciativa que coincide coa celebración do centenario do seu nacemento, unha efeméride que a Xunta de Galicia ten previsto conmemorar cunha exposición na Cidade da Cultura. Estas salas permitirán amosar parte do patrimonio da fábrica de cerámica e poderase contemplar desde pezas de olería tradicional ata algunhas das obras de Luís Seoane ou do propio Díaz Pardo.A xoiería, o vidro ou as colaboracións con persoeiros ilustres e grandes ceramistas como Arcadio Blasco, Carmen Perujo, Silveiro Rivas ou Camilo José Cela tamén ocuparán un lugar destacado dentro do novo museo. O proxecto complétase cun túnel pasadizo con pezas dos alumnos que participaron nas experiencias que se fixeron nos veráns desde 1971 e cunha sala adicada ás pezas que se fixeron exclusivas para empresas e ás esculturas de artistas de renome.
Dentro desta primeira fase tamén se recuperou o auditorio, onde se levarán a cabo experiencias culturais e proxeccións; a antiga sala de reunións, que albergará varias vitrinas con pezas do Castro desde 1950, e a antiga Biblioteca do Seminario cunha colección de máis de 1.000 libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario