A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS CELEBROU ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Casa cultural e sede da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos
Foto: infogauda / Arquivo
Foto: infogauda / Arquivo
Infogauda / Camposancos
Como vén sendo habitual no equipo humano que preside José Fernando Martínez Martínez, a Comunidade de Montes Veciñais en Man da parroquia de Camposancos, fixo pública a acta da asemblea xeral celebrada fai uns días, e cuxo contido reproducimos, omitindo voluntariamente desde á Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, os números de D.N.I. das persoas que integran a xunta reitora, toda vez que a nivel informativo non son imprescindibles.
Acta de Asemblea Xeral Extraordinaria da Xunta da Comunidade de Montes de Camposancos, que se reúne no salón de actos o 10 de xullo de 2020, en segunda convocatoria ás 20:00 horas, coa asistencia de 80 comuneiros e comuneiras, dos 198 que compoñen o censo, quórum mais que suficiente.
Por ausencia da Sra. Secretaria Dna. María Lucía Martínez Diz, actúa como secretario accidental: José Manuel Malleiro Gutierrez.
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Moratoria contrato concesión Hotel Pazo.
3. Eleccións Xunta reitora.
4. Rogos e preguntas.
· Información á Asemblea, por parte do presidente, da conveniencia de establecer unha moratoria de 12 meses de vixencia á empresa Hoteles Alda, que xestiona a concesión do Hotel Pazo, debido ás dificultades que acarrexa o estado de pandemia.
· Convócanse eleccións á Xunta reitora, cuxa mesa eleitoral se constitúe cos seguintes membros:
Presidenta: Ana Serrano; Secretaria: Esther Rodríguez; Vogal: Mario Baró.
Interrómpese a Asemblea para proceder á elección da nova Xunta reitora.
· Infórmase da concesión dunha subvención da Deputaciòn de Pontevedra por importe de cantidade 24.703,84 euros.
· Infórmase da actividade que están a desenvolver os traballadores forestais contratados pola Comunidade.
· Infórmase do adiamento das actividades regulares da Casa de Montes ata que mellore a situación de pandemia.
Acordos adoptados, logo de seren sometidos a votación pola asemblea:
1. Aprobación da acta anterior por unanimidade.
2. Aprobación por unanimidade da moratoria por 12 meses á empresa Hoteles Alda. Empezará a pagar a concesión o día 1 de abril de 2021.
3. ELECCIÓN POR UNANIMIDADE da nova Xunta Reitora, sen abstencións nen votos en contra. A dita Xunta queda formada polos siguintes membros:
José Fernando Martínez Martínez. Presidente.
José Manuel Malheiro Gutierrez. Secretario.
Domingos Portela Lorenzo. Tesoureiro.
Domingos Portela Lorenzo. Tesoureiro.
Mario Baró Pereira. Vicepresidente.
Gloria Portela Loureiro. Vogal.
María Lucía Martínez Diz. Vogal.
Esther Rodríguez Sobrino. Vogal.
Juan Carlos González González. Vogal.
Eduardo M. Alonso Rodríguez. Vogal.
José Antonio Vázquez Fernández. Vogal.
4. Dase conformidade ao adiamento de actividades da Casa de Montes e ao seguimento de labores por parte dos traballadores.
Celebrada a votación dos puntos referidos, e sen máis asuntos a tratar, levántase a sesión sendo arredor ás 20:20 horas.
V. P. Presidente
Asdo. José Fernando Martínez Martínez
Secretario
Asdo. Xosé M. Malheiro Gutiérrez
Ningún comentario:
Publicar un comentario