21 de xul. de 2020

A CRUZADA (A GUARDA)

ACTOS CONMEMORATIVOS DA FESTIVIDADE DE SAN CAETANO

· Que terán lugar no adro da súa ermida


Infogauda / A Cruzada 

 A Comisión de Fiestas de San Cayetano, que oportunamente fixo público que por causa da pandemia do Covid-19, este ano non ía organizar as tradicionais festas na honra do patrón da Providencia, vén de dar a coñecer os actos relixiosos que terán lugar no adro da ermida do santo.

 O venres día 24 de xullo, ás 20:30 horas, dará comezo a novena na honra de San Caetano.

 O domingo día 2 de agosto, ás 11:30 horas, no adro da ermida, haberá unha misa. Para asistir a celebración relixiosa haberá que usar máscara e respectar a distancia entre ás persoas. Tanto á entrada como a saída, haberá xel desinfectante.

 Unha vez rematada a celebración eucarística haberá unha gran tirada de foguetes na honra do santo e en lembranza dos maiordomos falecidos e ausentes.

 A Comisión agradece á colaboración de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario