O Concello pide á poboación un uso racional e responsable da auga
Infogauda / A Guarda
Ante o período de seca que levamos atravesando nas últimas semanas, con falta de precipitacións e temperaturas moi elevadas, o Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de facer público que ten "decidido tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños".
"Por iso - dixo Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Medio Ambiente -, dende o Concello, apelamos á veciñanza a facer un uso racional e responsable deste prezado recurso.
Recoméndase que certos usos da agua como: rego, baldeos, recheos de piscinas,... adminístrense dun xeito apropiado á situación excepcional destes días".
Ningún comentario:
Publicar un comentario