24 de xul. de 2020

A GUARDA

DEPORTES
O Concello felicita ao Sporting Guardés 

Polo seu ascenso a categoría Rexional Preferente - Grupo Sur 

   Plantilla de xogadores e técnicos do equipo senior do Sportin Guardés, tempada 2019-2020
Foto: Emilio Baz Pacheco


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Deportes, vén de facer pública a súa felicitación ao clube de fútbol Sporting Guardés polo recentemente recoñecido ascenso á categoría Rexional Preferente - Grupo Sur. 

 Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes, quere "agradecer o enorme esforzo e traballo do equipo técnico e da xunta directiva deste clube, así como facer extensible estas felicitacións aos xogadores, os artífices deste desexado ascenso".

Ningún comentario:

Publicar un comentario