23 de xul. de 2020

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS PRESENTOU UNHA MOCIÓN PROPONDO UNHA NOVA TARIFA DO SERVIZO DE AUGA DA TRAÍDA MUNICIPAL

· De tal xeito que cada usuario pague polo que realmente consume e non por tramos
 

Celso R. Fariñas, concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 Para seu debate e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación Municipal, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no rexistro do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:
 
MOCIÓN: ELABORACIÓN DE NOVA TARIFA DE AUGA     

 Dende fai moitos anos, diversos grupos políticos, vimos reclamando a elaboración dunha tarifa, por medio da cal, os veciños, paguen o prezo da auga, na medida en que a consumen, e non por tramos, dado que que se parte dunha base, na que se fai un abono, que dista moito da realidade do consumo real, e así se poida evitar nos tramos altos, o derroche. 

 Pouco a pouco, concellos de todolos colores políticos, van asumindo esta situación a fin de facer un acto de xustiza e así tamén adaptarse as novas normativas europeas, xa que a Directiva Marco da auga da Unión Europea, trata de incentivar o uso eficiente dos recursos hídricos.

 Esta situación, conlevará un beneficio as persoas que viven soas ou as unidades familiares de poucos membros, así como tamén existen respostas xudiciais favorables as reclamacións veciñais neste senso, no que se obriga aos concellos a devolver o diñeiro cobrado en exceso. 

 Esta nova situación, conlevaría que se poría fin o consumo mínimo que provoca que na actualidade, se abra ou non o grifo, os usuarios teñan que pagar forzosamente unha cantidade fixa cada dous meses ainda que non se chegue a esa cantidade. 

 Por todo iso, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a propoñelo Pleno, para o seu debate e aprobación da seguinte MOCIÓN: 

 O Concello de A Guarda, dará inicio de maneira urxente, a solicitar asesoramento da FEGAMP e da FEMP, así como doutros concellos que xa disponen ou están traballando neste asunto, para elaborar dende esta data ata fin de ano, para que no vindeiro 2021, podamos ter aprobado un novo sistema de tarifación para adaptarnos as directrices europeas e por ende, facer xustiza co cobro do consumo de auga, pagando cada vivenda o realmente consumido. 

 A Guarda, a 22 de xullo do 2020      

 Celso R. Fariñas 
 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario