O Concello suspende o mercadillo semanal deste sábado día 25 de xullo
· Pola festividade do Día de Galicia
Imaxe de arquivo - tomada antes da decraración da pandemia -, do mercadillo dos sábado na vila de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda informa da suspensión do mercadillo semanal do vindeiro sábado día 25 de xullo pola festividade do Día de Galicia.
O mercadillo semanal dos sábados retomarase o vindeiro 1 de agosto no entorno da Alameda da vila, como vén sendo habitual cos postos de roupa, complementos, froitas, hortalizas, embutidos, etc..
Ningún comentario:
Publicar un comentario