25 de xuño de 2020

TURISMO

En xuño de 2021 

A Guarda acollerá a 90ª edición Encontro Internacional da  Fédératión Internacionale de Camping, Caravaning et Autocaravaning (FICC)

Mª Elena Baz - no centro da imaxe -, concelleira de Turismo do Concello de A Guarda coas persoas que pa¡ticiparon na xuntanza de onte na Casa dos Alonso
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Hai uns meses a Federación Española de Clubes Campistas (FECC) presentou a candidatura de A Guarda (Pontevedra), para acoller en xuño de 2021 o Encontro Internacional da Fédératión Internacionale de Camping, Caravaning et Autocaravaning  (FICC), sendo seleccionada a localidade guardesa entre os países finalistas: Corea do Sur e Polonia.  

 Para coordinar e xestionar todos os esforzos a fin de que a organización do encontro anual internacional sexa un éxito, no día de onte mércores 24 de xuño, tivo lugar na Casa dos Alonso, a primeira reunión de traballo.  

 Nesa xuntanza participaron a concelleira de Turismo e a técnica de Turismo do Concello de A Guarda, Mª Elena Baz Rodríguez e Rosalía Verde Pérez, respectivamente, e os representantes do comité organizador en España, que está integrado pola Federación Española de Clubs Campistas (FECC). Asistiron o seu presidente, José Vicente; o vicepresidente, Miguel Merino e o vogal Andrés Sánchez; e do Camping Caravaning Club de Galicia - Vigo, o seu presidente, Juan Antonio Cidanes, e o vogal, José Iglesias, que é o responsable das relacións coa FICC. 

 Se nada o impide, a celebración do Encontro Internacional da Fédératión Internacionale de Camping, Caravaning et Autocaravaning (FICC) na localidade guardesa vai ser un evento de grande repercusión para o sector servizos do termo municipal de A Guarda e súa comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario