LGTBIQ+TRANS MIÑO-LGTBIQ+ CONDENA PÚBLICAMENTE OS ACTOS XENÓFOBOS QUE SE PRODUCIRON NO CONCELLO DE TUI
Onde se produciu a queima da bandeira do orgullo
Onde se produciu a queima da bandeira do orgullo
Esta imaxe reflicte como e onde estaba a bandeira antes de producirse os feitos
Esta outra fotografía reflicte como a bandeira estaba ardendo pola súa parte inferior
Infogauda / Tui
Ante os acontecementos sufridos na noite do sábado 27 de xuño no Concello de Tui, onde se produciu a queima da bandeira do orgullo LGTBIQ+, a asociación Trans Miño e a sección Trans Miño- LGTBIQ+ vén de enviar a redacción deste xornal dixital transfronteirizo un comunicado no que fan público que condenan “estes atroces actos de xenofobia”.
No devandito posicionamento público, Xermán Cordero Verde, coordinador da asociación Trans Miño e a sección Trans Miño- LGTBIQ+afirma: “Como asociación que traballa para a defensa dos dereitos e liberdades das persoas LGTBIQ+ que desenvolvemos noso labor nesta zona, sentímonos ofendidos por non poder manifestar a nosa liberdade afectivosexual neste Concello, hoxe é a queima da bandeira (acto que se produciu o ano pasado no concello veciño de Salvaterra de Miño), preguntámonos que será o seguinte. Con estes actos móstrannos e empúxannos para seguir loitando polos dereitos de lxs vecinxs, lesbianas, gais, transexuais, bisesuales, intersexuales e queer e as demais colectivos para saír á rúa e denunciar estes actos xenófobos.
Desde Trans Miño- LGTBIQ+ xa nos puxemos en contacto co concelleiro de asuntos sociais, para comunicarlle o noso rexeitamento e poñernos ao disposición do Concello para colaborar en calquera acto de repulsa”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario