A Deputación de Pontevedra aproba máis de 1,7 millóns de euros para oito concellos da provincia
Son investimentos ao abeiro do Plan
Concellos para Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Cambados, Agolada,
Cangas, Meis, As Neves e Salvaterra de Miño
Pazo da Deputación provincial de Pontevedra
Foto: D.PO.
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 1.732.472,88 euros en asistencia a 8 municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Os beneficiarios das achegas son Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Cambados, Agolada, Cangas, Meis, As Neves e Salvaterra de Miño.
No que respecta á liña 1 de investimentos, a Deputación financiará obras de mellora de servizos, urbanizacións ou pavimentación de camiños en Vilagarcía, Soutomaior, Cambados e Agolada. En concreto, a Vilagarcía destínanse case 750.000 euros, 600.000 euros para a reforma dunha edificación para convertela nun albergue de peregrinos/as en Carril, e case 150.000 para a mellora de servizos e urbanización na rúa Freixo en Vilaxoán. Soutomaior e Agolada recibirán achegas de 110.277,23 euros e 143.994,32 euros, respectivamente, para a mellora e pavimentación de camiños municipais. E, por último, a institución provincial destina 143.994,32 euros para que Cambados poida renovar a praza de San Gregorio.
En canto á liña 2, a Deputación aproba 209.074,9 euros para Cangas, Meis e As Neves. En Cangas os recursos destinaranse ao tratamentos de residuos sólidos urbanos, en Meis serán para as xornadas de autopromoción vitivinícola e no caso das Neves para a dinamización do comercio local e iniciativas culturais. Na liña 3 de emprego apróbanse modificacións de achegas para Salvaterra de Miño e As Neves que permitirán contratar a 27 persoas (15 en Salvaterra e 12 nas Neves).
Ningún comentario:
Publicar un comentario