O CONCELLO DE TOMIÑO SÚMASE Á CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA ELA
Infogauda / Tomiño
O 21 de xuño, domingo, celébrase o Día Mundial da ELA. O Concello de Tomiño súmase coma cada ano a dita celebración, colgando unha lona no balcón da Casa do Concello e iluminando o edificio de verde, cor característica de esta doenza.
Deste xeito, Tomiño únese á Fundación Luzón, que xunto ás Asociacións de Familiares e Pacientes como membros da Comunidade da ELA, lanzaron a Campaña #LuzporlaELA na que edificios e monumentos de toda España iluminaranse de verde co obxectivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que sofren no día a día. O ano pasado ilumináronse 304 monumentos en 209 municipios de toda España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario