A Xunta de Galicia licita as obras de ampliación da escola infantil de Salvaterra de Miño
O centro pasará de catro unidades e 61 prazas a seis unidades e 82 prazas
O prazo de execución das actuacións é de seis meses
Infogauda / Salvaterra de Miño
O Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar vén de licitar hoxe as obras de ampliación da
escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño por un importe de
algo máis de 200.000 euros e un prazo de execución de seis meses. As
empresas teñen 26 días naturais desde a publicación do expediente na
Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do
Consorcio para a presentación de ofertas.
A escola infantil de
Salvaterra de Miño, incluída dentro da rede autonómica a Galiña Azul e
xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,
conta na actualidade con catro unidades e 61 prazas. Tras estas
actuacións ampliará o número de prazas a 82 e seis unidades.
A
consellería de Política Social, a través do Consorcio, asinou un
convenio co concello para o financiamento destas obras por un importe de
algo mais de 200.000 euros. A Xunta investirá 161.000 euros e o
concello de Salvaterra de Miño asumirá a cantidade restante, ademais dos
custes derivados da redacción do proxecto, dirección de obra, etc. Está
previsto ademais que a Consellería de Política Social invista, unha vez
executadas as obras, 38.000 euros mais no equipamento das aulas.
A
escola infantil de Salvaterra de Miño púxose en funcionamento no ano
2015 e conta cunha importante demanda, rexistrando lista de agarda nos
últimos cursos. O centro da servizo ao concello de Salvaterra e a
comarca do Condado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario